1 jun 2012

CONMUTADA A PENA Á TRABALLADORA QUE FOI CONDENADA A PRISIÓN





Grazas á recollida de firmas en todo o estado Español na que participou a CIG de Lugo, O Consello de Ministros acordou conmutar a pena de tres anos de prisión imposta á funcionaria de Correos C.R.H., por falsificar a firma do destinatario dunha carta certificada, por outra de dous anos, co que non deberá ingresar nun centro penitenciario se o tribunal así o decide.


Segundo informou a Fiscalía, o Goberno acordou ademais concederlle o indulto total no relativo á pena de inhabilitación especial para cargo ou emprego público relacionado co servizo de Correos, co que esta queda sen efecto coa condición de que non volva cometer un delito doloso no prazo de tres anos.
Tras coñecerse esta decisión, a Audiencia trasladou o procedemento á Fiscalía para que informe sobre a posible suspensión da execución da nova pena de dous anos imposta, sobre a que o Ministerio Público se pronunciará favorablemente e, de concederse, a carteira condenada non deberá ingresar en prisión.
Un exemplo máis de que a unión fai a forza.