31 may 2012

BOLSAS DE CONTRATACIÓN LUGO


Como Correos non fai públicos os chamamentos nas diferentes bolsas de emprego da provincia, dende a CIG creemos que todos os traballadores/as tedes dereito a saber por onde vai o chamamento en cada bolsa de emprego.

Por elo dende a CIG-Correos Lugo poñemos ao voso servizo un seguimento da contratación para que sepades por que número van os chamamentos en cada bolsa. 

As actualizacións realizaranse conforme nos vaian entregando as copias básicas das contratacións (as copias básicas son entregadas unha semana despois de realizado o contrato), tamén cada fin de mes publicaremos un listado provisional coas previsións de contratación que nos remite Correos para o mes seguinte.

Lembrade que nas listas de Reparto en Moto están incluídos os peticionarios que solicitaron só moto, moto e servizos rurais e os que se anotaron unicamente para servizos rurais, ademais ter en conta que tamén te podías anotar a determinados rurais e non a todos.

Este feito é a causa dos saltos de lista nas Bolsas de Reparto Moto e fai que o seu seguimento sexa confuso e complicado, pois en realidade son 3 listas nunha, ante calquera dúbida ou salto de lista que che afecte ponche en contacto co sindicato para consultalo con RRHH da Coruña e no seu caso presentar a reclamación pertinente.