12 jun 2012

¿DESAPARICIÓN DAS USES?


Ante a preocupación dos compañeiros das USES de Lugo, polo rumor que nestes últimos días cobraba maior forza sobre a inminente desaparición para o mes de xullo das unidades de urxentes, este sindicato como non podía ser doutra forma púxose en contacto directamente co xefe das USES da Zona Primeira o cal nos informou que o único que haberá, será o peche das unidades de urxentes en período vacacional polas tardes ao igual que o ano pasado. O peche será dende o 15 de xullo ata o 15 de setembro, no que os compañeiros da quenda de tarde pasarán á  quenda de mañá.

Este sindicato estará moi atento ante calquera intento de eliminar as unidades de urxentes por parte da empresa, tal  como se vén escoitando polo medio destes rumores que se lanzan coa intención de ver as reaccións dos traballadores.