22 jun 2012

DESCONTOS NOS TRAMOS DO PERSOAL LABORAL DE BAIXA POR ENFERMIDADE


Grazas á firma das nosas queridas cuatrillizas  CCOO, CSIF, UGT e  S.L.  asinantes do III Convenio e Acordo Xeral, o persoal laboral recibe un verdadeiro revés por estar de baixa.

A partir do 1 de xaneiro deste ano, o persoal laboral non soamente recibe o desconto do  C.P.A.  e o correspondente aos tres primeiros días de ausencia establecidos por lei, senón que ademais non cobra os tramos durante un trimestre.


Correos unha vez máis vense beneficiado grazas aos sindicatos asinantes que ao non chegar a un acordo no seo da Comisión paritaria no prazo establecido na disposición transitoria terceira do III Convenio Colectivo no que di: "pasados seis meses dende a firma do convenio (asinouse en abril do ano pasado) e non se alcance un acordo, poderase aplicar automaticamente para todo o persoal laboral os criterios de absentismo que se estableceron na disposición transitoria segunda"  son:

* En caso de que se supere o 4% de absentismo no trimestre ( 4 días), déixase de cobrar o tramo durante os tres meses seguintes. Isto é o que aplican a partir de xaneiro

Exemplo dos descontos. Un traballador que estivo 10 días de baixa en xaneiro, tería os seguintes descontos:

*        En xaneiro: o 50% dos tres primeiros días de baixa = 36.57€
*        Nos meses de meses de febreiro, marzo e abril non cobras os tramos por superar o 4% de absentismo (mais de 4 días de baixa en xaneiro) que dependendo no tramo no que esteas pode ser un desconto de:
            Tramo 1: 18.28€ X 3 = 54.84€
            Tramo 2: 31.43€ X 3 = 94.29€
            Tramo 3: 43.85€ X 3 = 131.55€
            Tramo 4: 55.52€ X 3 = 166.56€
            Tramo 5: 71.59€ X 3 = 214.77€
            Tramo 6: 91.31€ X 3 = 273.93€ (tramo no que esta a maioría do persoal laboral)
*        En febreiro: días directos do  CPA = 63.07€
*        En abril: 2 días do  CPA = 12.61€

Total descontos si estas no último tramo = 386.18€

Outra proba máis de como os asinantes lle aforran diñeiro á empresa, recordar que no seu día xa o fixeron cos tramos e o recoñecemento da antigüidade que houbo que reclamala nos xulgados.