Recruarase a folga de Correos en Vigo, o día 22 terán un paro completo.
Xa hai
150 mil envíos acumulados e Correos de momento non amosa ningún interese por solucionar o
problema, pero si que trata de reprimir e amedrentar ós/ás traballadores/ás en folga.
A empresa esta a ponse nerviosa, e está comenzando a tomar medidas
represivas e intimidatorias contra os traballadores que secundan a Folga
convocada na UR-1 de Vigo.
O día 6 de Xuño os carteiros foron revisados un tras otro un antes de saír
a reparto, para comprobar o que levaban. Esta operación repetíase á volta do
reparto para ver o que traian de volta.
Nos cremos que iso e unha medida represiva e tamén dubidamos sobre se se
esta a levar a cabo cos traballadores que non secundan a folga.
O día 7 de Xuño a cousa foi a maiores, xa que se obligou a tres compañeiros
a entrar no despacho do Xefe de Distribución en presencia do Xefe de Relaccions
Laborais e do Xefe de Explotación Postal y Telegráfica. Todo isto sen permitir
a entrada os represantantes dos traballadores elexidos legalmente.