A CIG conxuntamente co resto de sindicatos con representación na provincia
denunciamos unha vez máis a política de aforro de correos baseada en reducir
carteiros mediante amortizacións sistemáticas de postos de traballo sen que importe
se se presta un bo servizo ou non, así mesmo puxemos de manifesto o noso
rotundo rexeitamento ás medidas adoptadas polo Goberno na que aos empregados
públicos se nos roubou a paga extra de Nadal e se nos reduciu dereitos
(redución de asuntos propios, días adicionais e vacacións).
A CIG continuará cun novo calendario de mobilizacións para rexeitar a
política de recortes que está a aplicar ou PP na Galiza e non Estado español e
para acumular forzas de cara a unha nova folga xeral.