O abuso no uso dos
vehículos oficiais non ten límites pois agora mesmo veñen doutras provincias,
como foi o caso do Xefe de Prevención de Riscos Laborais que aproveitándose de
asistir a unha reunión do comité de seguridade e saúde en Lugo un
venres, se quedou de festa ata o sábado grazas a ter á súa disposición un
vehículo oficial.
Unha actuación vergonzosa se temos en conta que ademais este
mesmo señor foi quen lle iniciou un expediente disciplinario a un compañeiro da
U.R de Lugo cando estaba a impartir os cursos de prevención. ¿Onde está o exemplo
que debería de dar como Xefe?
Vergonzosa tamén a contestación dada polo Xefe de Relacións
Laborais da Zona 1ª ante a denuncia deste sindicato, demostrando o
corporativismo existente encubrindo e xustificándoo dicindo que estaba autorizado......Autorizado a que Sr. Xefe de Relacións Laborais?? A quedar de
festa?? Ante tamaña resposta
a C.I.G elevou a denuncia a
Madrid.
Agora explícase en parte como unha empresa que tiña
beneficios ata fai pouco tempo, pasou a ter 164'5 millóns de perdas para este
ano. Logo pídennos sacrificios aos traballadores que non pertencemos á elite da
Xefatura, impoñéndonos unhas recargas abusivas porque din que non hai diñeiro
para contratación, tampouco hai diñeiro para subir o prezo do combustible ao
persoal rural, non obstante se hai diñeiro para contratar Mutuas para controlar as baixas, facer despachos a prezo de
ouro, pagar dietas aos xefes para asistir a reunións, ter vehículos con
gasolina pagada aos Xefes para o seu uso persoal etc. etc. Isto si que é todo
un exemplo de Xestión e de aforro.
Se de verdade os
xestores desta empresa queren aforrar diñeiro, aquí teñen unha solución:
Eliminen Xefes e vehículos Oficiais e con ese diñeiro contraten máis carteiros
para prestar un servizo minimamente decente.