8 jun 2012

AGRADECEMENTOS

Este Blog foi creado coa intención de manter informado a todos os compañeiros de Correos e especialmente a os afiliados da CIG - Correos de Lugo, coas noticias directamente relacionadas á nosa provincia e con todas aquelas outras que creamos poidan ser do teu interese vinculadas á empresa a nivel Estatal.

Dende fai tempo eramos coñecedores da necesidade de adaptarnos ao igual que a nosa empresa ás novas tecnoloxías e así podervos ofrecer un acceso máis á información, unha tarefa que non foi nada doada de realizar e que non tería sido posible sen a axuda inestimable do noso compañeiro  Román da comarca da A Coruña.

Este Blog non pretende ser máis que outra vía de información complementaria coa particularidade de intentar ser participativa, polo tanto esperamos a túa achega coas noticias relacionadas coa túa oficina ou cos temas que creas que sexan de interese xeral e deban ser coñecidos por todos os compañeiros.