CORREOS REDUCE
AS AXUDAS DE ACCIÓN SOCIAL A ALGO SIMBÓLICO (UNHAS ESMOLAS E TAN SÓ PARA UNS
POUCOS)
No borrador presentado por correos:
- Exclúen de toda posibilidade de axudas ó persoal con contrato
eventual.
- As axudas vinculadas á situación económica, céntranse exclusivamente
no diñeiro percibido polo solicitante en correos sen ter en conta os ingresos
do resto da unidade familiar nin a renda per cápita.
- Os límites de ingresos son tan baixos que a gran maioría do
persoal non terá a posibilidade de solicitar axudas.
- Pretenden excluír a persoal con dereito á axuda baseándose na
falta de orzamento, sen repartir este entre os que reúnan as condicións
establecidas na convocatoria.
Dende a CIG, nas nosas alegacións a
este borrador fixémoslles saber que non compartimos esta idea que teñen de
acción social e que as convocatorias de 2012 deben manterse como mínimo nas
condicións que estaban as do pasado ano 2011.
AGORA QUE TEÑEN QUE DICIR OS SINDICATOS ASINANTES DO CONVENIO E
ACORDO XERAL