A XEFATURA PAGARÁ OS QUILOMETROS DOS RECARGOS QUE CERTIFIQUE
O SEU XEFE INMEDIATO AO PERSOAL RURAL
Despois que dende a Xefatura estaba
a dicirse que non se pagarían os Qm. dos recargos a ninguén, agora infórmannos que se
pagarán os quilómetros que certifique o Xefe da Unidade.
Esta historia dos recargos vén de
lonxe recordemos que nun principio empezaron con que pagaban os Qm. dos recargos, se
non o pedías por escrito, posteriormente xa non chos pagaban senón superaban
unha semana, alegando a empresa que se estaba a cobrar a achega de vehículo a
25 días e actualmente se traballan 22 ao mes pola supresión dos sábados.
Dende a CIG temos claro que si Correos non quere pagar os quilometros dos
recargos non debes facer nin un só Qm. máis dos que se
teñan asignados.
Consellos sobre a Forma de actuar diante
os Recargos:





A CIG non
esquece ao colectivo dos rurais que está a ser duramente castigado coas subas
do gasóleo, mentres que os sindicatos asinantes CCOO, CSIF, UGT e S.L. miran para outro lado e non esixen a Correos que
cumpra co asinado no III Convenio, a revisión do prezo do combustible dentro
dos tres meses seguintes á súa firma, xa levan máis dunha ano e nada de nada,
só foi unha promesa electoral das moitas que fixeron e logo non cumpren