3 jul 2012

CHEGARON AS REPRESALIAS DA EMPRESA: EXPEDIENTADOS 14 COMPAÑEIROS DE VIGO QUE ESTAN DE FOLGA




Correos abre expediente a 14 empregados da central por "condutas intolerables" durante a folga.
Cunha actitude covarde e traizoeira a empresa pretende rebentar a folga na  cartería  da central de  Vigo, iniciando expedientes disciplinarios a 14 compañeiros entre os que están membros do comité de folga; a estes  compañeiros acúsanos de "non respectar a liberdade” dos que non secundaban o paro "con insultos, coaccións, ameazas e outros comportamentos agresivos"
Esta é a forma de negociar que ten Correos, cando se atopa en fronte a uns compañeiros decididos a non se deixar pisar, firmes na súa decisión de manter a loita porque entenden que non soamente é loitar en contra da supresión de 13 postos de traballo, senón tamén é loitar contra a deterioración dun servizo que nos está a facer perder clientes dunha forma sangrante, en definitiva é loitar pola defensa dun servizo postal público que parece non interesarlle a este goberno.

 !! NON PODEMOS TOLERAR QUE  SE QUEIRAN BURLAR DE TODOS NOS CON ESTA ACTITUDE PREPOTENTE !!