O día 28 de xuño de 2012
finalizou no Congreso dos Deputados a tramitación parlamentaria da reforma
laboral aprobada inicialmente mediante Real decreto-lei 3/2012, do 10 de
febreiro. Nos próximos días será publicado no BOE o texto da Lei.
Non se aceptaron as
propostas formuladas desde diversas instancias políticas e sindicais para a
supresión da disposición final segunda, norma que permite a aplicación do
despedimento por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción
(ERE de extinción) ao persoal laboral do sector público.
Introduciuse, porén, unha
emenda do Grupo Popular (núm. 568) para outorgar prioridade de permanencia ás
persoas que accederan ao emprego público mediante un procedemento selectivo
baseado nos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade.
Así, acrecéntase un novo
parágrafo do seguinte teor:
«Tendrá prioridad de
permanencia el personal laboral fijo que hubiera adquirido esta condición, de
acuerdo con los principios de igualdad, mérito y capacidad, a través de un procedimiento
selectivo de ingreso convocado al efecto, cuando así lo establezcan los entes,
organismos y entidades a que se refiere el párrafo anterior».
Polo tanto, terá
prioridade de permanencia, en caso de despedimentos colectivos, o persoal fixo
sobre o persoal indefinido non fixo por sentenza xudicial. Entendemos que se
trata dunha novidade que terá unha aplicación práctica moi reducida, pois as
administracións xa están reducindo o seu persoal indefinido non fixo a través
de procedementos como a amortización de prazas ou a provisión mediante
concursos para o persoal fixo, sen necesidade de utilizar un ERE de extinción.
Finalmente, é importante
desmentir os rumores que circulan sobre a aplicación de EREs ao persoal funcionario
ou estatutario. A figura do despedimento colectivo no sector públicos só é
aplicábel ao persoal laboral.
LEMBREMOS QUE O SINDICATO COA F DE FUNCIONARIO NON FIXO NINGUNHA MOVILIZACIÓN EN CONTRA DESTA REFORMA LABORAL.