5 jul 2012

O PP PRETENDE AFORRAR 80.000 MILLÓNS DESPEDINDO EMPREGADOS PÚBLICOS.



A Área Pública da CIG (CIG-Ensino, CIG-Saúde e CIG-Administración) manifesta a súa máis rotunda oposición á pretensión do PP de facer pagar ás empregadas e empregados públicos o rescate da banca cos seus postos de traballo. Consideramos que é inaceptábel tratar de aforrar 80.000 millóns de euros a cambio de mandar ao paro ás persoas que traballan para as administracións, cando non se adopta ningunha medida dirixida a facer pagar a quen máis ten, controlar as actividades dos especuladores, impedir a fraude fiscal ou mudar un sistema que está a favorecer a acumulación de capital en cada vez menos mans, mentres se empobrece ao conxunto da poboación.