27 sept 2012

PRAZAS PARA OUTROS MINISTERIOS

MINISTERIO DO INTERIOR   DIRECCIÓN XERAL DE TRÁFICO

BOE  Nº  228 DO 21 DE SETEMBRO 

ORDE INT/1985/2012

PRAZAS EN  GALIZA:  A CORUÑA, OURENSE, LUGO.

MESA XERAL DE NEGOCIACIÓNS DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

O goberno comunica na mesa que volverá conxelarnos o soldo aos empregados públicos en 2013 - que a taxa de reposición volverá ser cero -que non contratarán novos empregados, nin por contrato temporal nin interinos, nas administracións - e a supresión de prestacións sociais para os mutualistas de Muface.


FONTE:GALIZACIG AVANTAR      EL CONFIDENCIAL

              

25 sept 2012

13 sept 2012

12 DE SETEMBRO XORNADA DE LOITA NO SECTOR DE CORREOS EN LUGO



A CIG conxuntamente co resto de sindicatos con representación na provincia denunciamos unha vez máis a política de aforro de correos baseada en reducir carteiros mediante amortizacións sistemáticas de postos de traballo sen que importe se se presta un bo servizo ou non, así mesmo puxemos de manifesto o noso rotundo rexeitamento ás medidas adoptadas polo Goberno na que aos empregados públicos se nos roubou a paga extra de Nadal e se nos reduciu dereitos (redución de asuntos propios, días adicionais e vacacións).
A CIG continuará cun novo calendario de mobilizacións para rexeitar a política de recortes que está a aplicar ou PP na Galiza e non Estado español e para acumular forzas de cara a unha nova folga xeral.

7 sept 2012

PRAZAS PARA OUTROS MINISTERIOS


MINISTERIO DE INDUSTRIA ENERXÍA E TURISMO

BOE  Nº 215 DO XOVES 6 DE SETEMBRO
Orde IET/1889/2012

Orde IET/1890/2012

Prazas en Lugo, A Coruña e Ourense.

5 sept 2012

A CIG DENUNCIA O USO INDEBIDO DE COCHES OFICIAIS POR PARTE DA XEFATURA EN LUGO


O abuso no uso dos vehículos oficiais non ten límites pois agora mesmo veñen doutras provincias, como foi o caso do Xefe de Prevención de Riscos Laborais que aproveitándose de asistir a unha reunión do comité de seguridade e saúde en  Lugo  un venres, se quedou de festa ata o sábado grazas a ter á súa disposición un vehículo oficial.

3 sept 2012