26 oct 2012

CONVOCADA PRAZA DIRECTOR OFICINA MONFORTE DE LEMOS


Sistema de cobertura persoal funcionario: comisión de servizos, persoal laboral: mobilidade funcional.

Prazo presentación CV ata o 3 de novembro.
Convocatoria Director Oficina Monforte de Lemos

PREVISIÓN CURSOS LUGO 2012/2013 CIG - FORGA



 Xa está aberta a preinscrición na nova  OFERTA FORMATIVA SUBVENCIONADA (Intersectorial) de cursos dirixidos preferentemente a  traballadores/as en activo  (incluídos funcionarios), na que tamén existen prazas que poden ser destinadas a  traballadores desempregados.

Previsión Cursos LUGO

24 oct 2012

CONCURSO DE TRASLADOS


1ª  RESOLUCIÓN  DO CONCURSO 

11 PRAZAS ADXUDICADAS EN LUGO:

BECERREA CIR. 1
VILALBA CIR. 6
AS NOGAIS CIR.6
F. DE VALADOURO CIR. 3
AS NOGAIS CIR. 4.
XERMADE CIR.2
LUGO CIR.3
VIVEIRO AT. CLIENTE.
VIVEIRO REPARTO MOTO
BURELA AT. CLIENTE.
BURELA REPARTO MOTO

PRAZOS DE CESE
Para todos os postos o cese será o día 31 DE OUTUBRO 2012.

PRAZOS DE INCORPORACIÓN
A incorporación será a partir do día 2 DE NOVEMBRO DE 2012.

  • O día seguinte se o traslado é na mesma localidade.
  • 2 Días na mesma provincia ou illa ( Si se adianta ó día seguinte 60 €)
  • 6 Días entre localidades da península que non pertenzan a mesma provincia (si se adianta ó segundo día 180 €)
  • 10 Días entre illas Ceuta e Melilla e península (Se a toma e ó terceiro día 300 €)
Se optas pola compensación económica debes entregar o Anexo 3 en Recursos Humanos, antes do 26 DE OUTUBRO DE 2012.

Os prazos posesorios empezarán ó rematar os permisos, licencias,... Se tes licencia por enfermidade ou  baixa dilixéncianche o cese e toma de posesión de oficio.
O prazo posesorio será como de servicio activo salvo para excedentes voluntarios ou para o coidado de fillos.
Se comporta reingreso ó servicio activo o prazo de posesión será de un mes (Dende o día 01/11/2012)

19 oct 2012

QUE CARALLO FAN NA COMISIÓN DE EMPREGO CENTRAL CORREOS E OS ASINANTES DO CONVENIO E ACORDO XERAL (CCOO, UGT, CSIF, S. L.)


Os altos cargos instalados na empresa por decisión política, así como os sindicatos asinantes están tan concentrados en buscar solución transcendentais que se esquecen dos asuntos mundanos e das súas promesas:

CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO - EXAME NOVO INGRESO???

CONCURSO DE TRASLADOS???

PROMOCIÓN INTERNA EXECUTIVOS???

Que pasa  non hai vacantes???

Ou tal vez Correos pretende suprimir ou amortizar a maioría das vacantes coa bendición dos sindicatos asinantes a cambio de máis cursos de formación e  horas para os seus liberados.

SOLUCIÓNS XA!!

RESOLUCIÓNS URXENTES PARA ESTES ASUNTOS PENDENTES

ESTAMOS ATA O GORRO DE TANTO ENGANO E FALSEDADE

9 oct 2012

EMPEZAN A SANEAR CORREOS CON 318 MILLÓNS DE DÉBEDA ATRASADA

Declaracións nada tranquilizadoras sobre o noso futuro.


O Presidente da Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI),  Ramón  Aguirre: "ninguén falou de privatizacións da empresa, polo menos mentres non se saneen as súas contas.”


A deputada da Esquerda Plural Ascensión das  Heras  advertiu que o vicepresidente da  SEPI,  Federico Ferre, "si falou da privatización de Correos"

FONTE: ELECONOMISTA    EXPANSIÓN   EUROPAPRESS

4 oct 2012

MANIFESTACIÓN 4 DE OUTUBRO - NON AO SAQUEO


MANIFESTACIÓN 4 DE OUTUBRO
LUGO: 20:30H  SAÍDA RONDA DA MURALLA 58 (EDIFICIO SINDICAL)
FOZ: 20:00 H SAÍDA DA CASA DO CONCELLO

O  día 4 de outubro –data na que se inicia a campaña electoral- a CIG convoca unha manifestación, chamando á cidadanía a que rexeite na rúa as políticas de axustes aplicadas polo Partido Popular.

A CIG DENUNCIA QUE NOS ÚLTIMOS CATRO ANOS DE DERTRUÍRON EN GALIZA MÁIS DE 100.000 EMPREGOS


Hai 259.373 persoas desempregadas, pero os datos sen maquillar, segundo o propio Servizo Público de Emprego Estatal, arroxan unha cifra total de 275.859 parados/as
A perda de emprego en Galiza avanza imparábel. Nos últimos catro anos destruíronse máis de 100.000 postos de traballo, rexistrándose, no pasado mes de setembro, un total de 259.373 persoas desempregadas, un 0,82% máis (2.106 parados/as máis) respecto do mes de agosto. Porén, ese incremento foi do 11,36% respecto do mesmo mes do ano pasado, o que implica que nun ano se destruíron 26.455 empregos.

3 oct 2012

SUPRESIÓN DA PAGA EXTRAORDINARIA DE DECEMBRO: RECLAMACIÓNS E RECURSOS


Os servizos xurídicos da CIG desaconsellan presentar reclamacións individuais

Están a ser distribuídas, por diferentes colectivos e organizacións, varios modelos de reclamación ou recurso individual contra a aplicación da nova redución salarial aos empregados públicos, operada mediante « a supresión tanto da paga extraordinaria como da paga adicional de complemento específico ou pagas adicionais equivalentes do dito mes », consonte aos artigos 2 e 3 do Real Decreto -lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria.

Tales modelos baséanse, en todos os casos, en que a supresión da paga extraordinaria completa entrou en vigor en data posterior á aquela en que a paga comeza a ser xerada  e, polo tanto, non pode suprimirse na súa totalidade, mediante unha aplicación retroactiva dos efectos da medida adoptada. A Asesoría Xurídica Nacional da CIG desaconsella ás empregadas e empregados públicos a presentación de reclamacións -tipo, polos seguintes motivos: