31 jul 2012
30 jul 2012
27 jul 2012
26 jul 2012
PUBLICADOS LISTADOS APROBADOS DOS GRUPOS A1 e A2
Próximas convocatorias:
A1:a convocatoria do segundo exercicio realizarase o 6 de outubro.
A2:a convocatoria do segundo exercicio será o 7 de outubro.
O segundo exame consistirá en redactar por escrito un tema, de entre dous propostos polo Tribunal
Se queres máis información ponte en contacto cos delegados/as da CIG na tua provincia.
19 jul 2012
17 jul 2012
NON AO SAQUEO DO POBO HAI QUE IMPEDIR QUE NOS ARRUINEN
CIG, CCOO e UGT mobilizaranse o
vindeiro día 19 nas principias cidades e Vilas galegas:
Horarios e puntos de saida das
manifestacións:
A Coruña: Ás 20:00h da Praza da
Palloza.
Burela: Ás 20:00h da Praza da
Mariña.
Ferrol: Ás 20:30h do Inferniño.
Pontevedra: Ás 20:30h da Praza da
Ferreria.
Santiago: Ás 20:00h da Alameda.
Ourense: Ás 20:00h do Pavillón dos
Remedios.
Vigo: Ás 20:30h da Vía Norte.
Vilagarcia: Ás 21:00h da casa do
Mar.
LUGO: Ás 20:00h da Ronda da Muralla, edificio sindical.
PARTICIPA!!
ESTA É A VERDADEIRA CARA DO PP
Mentres Rajoy anunciaba os
recortes aos desempregados a deputada do PP Andrea Fabra filla de
........Carlos Fabra ex presidente da Deputación de Castellón, berraba ¡QUE SE
JODAN!
16 jul 2012
PUBLICADO LISTADO PROVISIONAL DOS MÉRITOS CONCURSO PERMANENTE
Publicouse o listado provisional coa valoración das distintas puntuacións dos concursantes para as diferentes peticións por provincia, localidade e posto de traballo.
Nos listados nos se inclúe a valoracións do mérito de adaptación funcional no desempeño do posto de traballo referente á saúde dos traballadores.
Os candidatos dispoñen dende o día 17 de xullo ó 07 de agosto ámbolos dous incluidos para presentar as alegacións que consideren oportunas.
MAIS INFORMACIÓN NO LOCAL DA CIG
12 jul 2012
PLANTILLAS OFICIAIS DAS RESPOSTAS SUBGRUPOS C1, C2 e XESTIÓN
O tribunal fixo públicos as plantillas oficiais das respostas dos exames de promoción interna dos Grupos A2 C1 e C2
Respostas C1 Executivos
Respostas A2 Xestión
11 jul 2012
OUTRO ATAQUE AOS FUNCIONARIOS
Quítannos
días de asuntos propios e a paga de Nadal .....este Goberno do PP non sabe máis que facer
recortes aos máis débiles (parados,pensionistas, funcionarios) é máis doado iso que impoñer un imposto ás grandes fortunas.
Non
dicían que o rescate da Banca non nos ía custar nada.
Canta
verdade é que ¡NON HAI PAN PARA TANTO CHOURIZO!,
porque non devolven o diñeiro todos os que o roubaron, os que malversaron fondos
públicos etc, etc. .....de vergoña.
E
agora quen vai consumir sr. Rajoy. Os
funcionarios dende logo que non.
10 jul 2012
O GOBERNO SUBIRÁ O IVE E AMPLIARÁ A XORNADA SEMANAL DOS FUNCIONARIOS
O
ministro de Facenda e Administracións Públicas, Cristóbal Montoro, adiantou, ademais
da posible suba do IVE, que o Goberno planea ampliar os horarios dos
funcionarios e sometelos a avaliacións continuas unha vez pasada a oposición.
A
idea do Executivo é, segundo Montoro, "asimilar moitos elementos" do sector
privado para integralos no réxime laboral público.
http://www.elconfidencial.com/economia/2012/07/09/el-gobierno-subira-el-iva-y-ampliara-la-jornada-semanal-de-los-funcionarios-101623/
CORREOS ALCANZAN ACORDO DE COLABORACIÓN CON YDRAL E-BUSSINESS
Segundo informou Correos nun comunicado, o servizo Postal
48/72 ofrecerá entrega de paquetería non urxente a domicilio, en oficinas de
referencia e en oficinas elixidas, ademais de dar a opción aos seus clientes de
devolucións sen custos engadidos.
9 jul 2012
O PUTEO AO FUNCIONARIO
Publicación na revista "el jueves" da primeira semana de xullo/2012, co n.º 1817
Los funcionarios son esos señores y
señoras que un buen día aprobaron una oposición en busca de un empleo estable.
Su sueldo era seguro, pero escasito. Es más, cuando estalló ese tsunami de
falsa prosperidad y este país se llenó de nuevos ricos, su sueldo, en
comparación, era claramente una puta mierda. No obstante, la gran ventaja que
tenían (esto lo valoran ahora) era que nadie se metía con ellos: en todo caso,
si alguien les señalaba, era para compadecerse de su pobreza.
6 jul 2012
CURSOS PROGRAMACIÓN LUGO-ADMON. PÚBLICAS 2012
A matricula podese facer presencial nos locais de FORGA ou atraves da
plataforma de FORGA, para facer a matricula presencial terian que
aportar D.I, TARXETA SEGURIDADE SOCIAL E UNHA NOMINA.
Si tedes calquera dubida podedes consultalo nos telefonos 982253865 ou 637561852.
CURSO
|
HORAS
|
Horas/día
|
DIAS
|
HORARIO
|
DÍAS
LECTIVOS
|
Nº
ALUMNOS
|
Inicio
|
Remate
|
Linguaxe administrativa galega
Nivel medio
LUGO
|
75
|
3h 35”
|
21
|
17.00 a 20:35
|
DE LUNS A XOVES
|
15
|
15/10/2012
|
20/11/2012
|
Linguaxe administrativa galega
Nivel superior
BURELA
|
75
|
3h 25”
|
22
|
17:00 A 20:25
|
DE LUNS A XOVES
|
15
|
01/10/2012
|
07/11/2012
|
O PP ESTUDA SUPRIMIR UNHA DAS PAGAS EXTRA AOS FUNCIONARIOS, REDUCIR O PERÍODO MÁXIMO DE COBRAMENTO DA PRESTACIÓN POR DESEMPREGO etc.
E para cando a redución de tanto político.
CONCURSO PARA OUTROS MINISTERIOS
Ø MINISTERIO DE FOMENTO
Ø Publicadas prazas no BOE 160 do 05 de xullo de 2012.
Ø Orde FOM/1468/2012 de 21 de xuño.
Ø O prazo de presentación
de instancias é de 15 días a partir do seguinte á publicación no BOE.
Ø O persoal de Correos
podemos optar a todos os postos sempre e cando reunamos os requisitos de
participación e ocupación esixidos na convocatoria.
Postos
ofertados en Galiza:
PROVINCIA
|
NIVEL
|
GRUPO
|
A
CORUÑA
|
22
|
A2/C1
|
A
CORUÑA
|
16
|
C1/C2
|
LUGO
(BURELA)
|
18
|
C1/C2
|
A
CORUÑA (FERROL)
|
22
|
A2/C1
|
A
CORUÑA (FERROL)
|
14
|
C1/C2
|
LUGO
(VIVEIRO)
|
16
|
C1/C2
|
PRAZAS
OFERTADAS PARA OS GRUPOS A1 e A2
- Publicadas prazas no BOE 159 do 04 de xullo de 2012
- Orde FOM/1461/2012 de 21 de xuño.
5 jul 2012
O PP PRETENDE AFORRAR 80.000 MILLÓNS DESPEDINDO EMPREGADOS PÚBLICOS.
A Área Pública da
CIG (CIG-Ensino, CIG-Saúde e CIG-Administración) manifesta a súa máis rotunda
oposición á pretensión do PP de facer pagar ás empregadas e empregados públicos
o rescate da banca cos seus postos de traballo. Consideramos que é inaceptábel
tratar de aforrar 80.000 millóns de euros a cambio de mandar ao paro ás persoas
que traballan para as administracións, cando non se adopta ningunha medida
dirixida a facer pagar a quen máis ten, controlar as actividades dos
especuladores, impedir a fraude fiscal ou mudar un sistema que está a favorecer
a acumulación de capital en cada vez menos mans, mentres se empobrece ao
conxunto da poboación.
4 jul 2012
NOVIDADES EN MATERIA DE EREs NO SECTOR PÚBLICO
O día 28 de xuño de 2012
finalizou no Congreso dos Deputados a tramitación parlamentaria da reforma
laboral aprobada inicialmente mediante Real decreto-lei 3/2012, do 10 de
febreiro. Nos próximos días será publicado no BOE o texto da Lei.
3 jul 2012
CHEGARON AS REPRESALIAS DA EMPRESA: EXPEDIENTADOS 14 COMPAÑEIROS DE VIGO QUE ESTAN DE FOLGA
Correos abre expediente a 14 empregados da central por "condutas
intolerables" durante a folga.
Cunha actitude covarde e traizoeira a empresa
pretende rebentar a folga na cartería da
central de Vigo,
iniciando expedientes disciplinarios a 14 compañeiros entre os que están
membros do comité de folga; a estes
compañeiros acúsanos de "non respectar a liberdade” dos
que non secundaban o paro "con insultos, coaccións, ameazas e outros
comportamentos agresivos"
Esta é a forma de
negociar que ten Correos, cando se atopa en fronte a uns compañeiros decididos
a non se deixar pisar, firmes na súa decisión de manter a loita porque entenden
que non soamente é loitar en contra da supresión de 13 postos de traballo,
senón tamén é loitar contra a deterioración dun servizo que nos está a facer
perder clientes dunha forma sangrante, en definitiva é loitar pola defensa dun
servizo postal público que parece non interesarlle a este goberno.
2 jul 2012
ORGANISMOS PÚBLICOS VANSE CON UNIPOST
Hoxe publicado no BOE o que xa diciamos, dende o 18 de xuño o INEM foise con UNIPOST.
Gustaríanos saber que fan os nosos servizos comerciais.
Gustaríanos saber que fan os nosos servizos comerciais.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)