30 jun 2012
29 jun 2012
A SEPI PREPARA A PRIVATIZACIÓN DE CORREOS
É hora de concienciarnos na defensa
dos nosos postos de traballo
Na Dirección Nacional de CIG Correos aprobouse a remisión dun
escrito ao presidente de correos solicitando explicacións pola perda continuada
de clientes, que en moitos casos parece que se fixese de forma deliberada, a
pregunta segue sendo a mesma ¿que fan os servizos comerciais de Correos? A
perda de clientes empeza a ser sangrante xa non soamente perdemos clientes de
empresas privadas senón tamén organismos públicos como o INEM que dende o día 18 de xuño foise con UNIPOST.
Dende a CIG seguiremos defendendo un Correo
Público Galego e de calidade.
http://www.hispanidad.com/la-sepi-integra-correos-y-prepara-su-privatizacin-20120626-150832.html
http://www.hispanidad.com/la-sepi-integra-correos-y-prepara-su-privatizacin-20120626-150832.html
DIRECTORES DE OFICINA ADXUDICACIÓN PRAZAS
Con data do 27 de xuño
Correos publicou a Resolución cos destinos asignados ós candidatos aprobados
que participaron na convocatoria para a provisión de postos de traballo de
dirección de oficinas.
Tanto a Resolución como o
listado completo coa asignación de destinos podes atopalo na Intranet de
Correos (Conecta) ademais de estar publicado nos taboleiros da Dirección de
Zona e nas Unidades provinciais de Recursos Humanos.
Cese no posto actual: 30
de setembro de 2012
Incorporación efectiva: A
partir do 1 de outubro de 2012.
Na provincia de Lugo foron adxudicadas as seguintes prazas
de Director de Oficina:
LUGO: SUCURSAL 1, SUCURSAL 2, A FONSAGRADA, GUITIRIZ, BOVEDA, RABADE, MONFORTE DE LEMOS, SARRIA, SAMOS, BECERREA, RIBADEO, MONDOÑEDO, FOZ, VIVEIRO.
Para máis información ponte en
contacto coa túa sección sindical de CIG Correos
26 jun 2012
ACTIVIDADES FORMATIVAS INAP 2012 (FUNCIONARIOS)
A presentación de solicitudes serán
telemáticas e o prazo de inscrición é ata o 4 de xullo. Estes cursos, son valorables
tanto na mobilidade interministerial coma na promoción interna da
Administración de Estado.
O 20 de xuño publicouse no BOE (núm. 147) a oferta de
Actividades Formativas do Instituto de Administracións Públicas que se
desenvolverán no segundo semestre de 2012.
- Formación en idiomas INGLÉS, FRANCÉS Y ALEMÁN, dirixida a funcionarios en
modalidade ON LINE, PRESENCIAL Y VIRTUAL.
- Formación en materias xerais de
xestión e administración, dirixidas a grupos e subgrupos A2, B, C1 e C2.
- Formación descentralizada específica
da administración local en modalidade presencial.
-Actividades formativas en material de
Administración Electrónica.
A presentación de solicitudes serán
telemáticas e o seu prazo de inscrición é ata o 4 de xullo.
MUFACE BECAS ESTUDIO PARA MUTUALISTAS E RENOVACIÓN BECAS RESIDENCIA PARA FILLOS E ORFOS DE MUTUALISTAS PARA O CURSO 2012 - 2013
_ Con data do 14 de xuño de 2012 no BOE nº 142 publicouse a convocatoria de MUFACE para estas becas.
_ O prazo para facer as solicitudes depende da beca que se solicite:
- Becas de estudio para mutualistas: ata o 31 de decembro de 2013.
- Becas de residencia de renovación: ata o 31 de outubro de 2012.
- Becas do legado casado de la fuente para estudiar agrónomos: ata o 31 de outubro de 2012.
_ Achegámosche o enlace do boe onde se atopa a publicación da convocatoria, onde poderás
encontrar toda a información que precises:
Se precisas máis información ponte en
contacto coa xente da CIG Correos.
22 jun 2012
CURSO "COMO AFORRAR ENERXÍA NO POSTO DE TRABALLO"
Correos oferta
25.000 prazas para o Curso "COMO
AFORRAR ENERXÍA NO POSTO DE TRABALLO". O poderán realizar tanto
funcionarios coma persoal laboral que estean en activo ao inicio e durante o
curso.
O curso terá
unha duración de 1 semana, impartirase
en modalidade on-line a partir do mes de setembro.
O prazo de inscrición é dende o
22 ao 29 de xuño a través do Campus virtual http://formacion.correos.es,
sendo remunerado coa compensación habitual por custos de conexión a Internet.
DESCONTOS NOS TRAMOS DO PERSOAL LABORAL DE BAIXA POR ENFERMIDADE
Grazas á firma das nosas queridas
cuatrillizas CCOO, CSIF, UGT e S.L. asinantes
do III Convenio e Acordo Xeral, o persoal laboral recibe un verdadeiro revés
por estar de baixa.
A partir do 1 de xaneiro deste ano,
o persoal laboral non soamente recibe o desconto do C.P.A. e o correspondente aos tres primeiros
días de ausencia establecidos por lei, senón que ademais non cobra os tramos
durante un trimestre.
20 jun 2012
O GOBERNO PREPARA AS PRIVATIZACIÓNS
O Goberno prepara a privatización e subcontrata de servizos non esenciais.
Preme no enlace para ver a noticia
http://www.elconfidencial.com/espana/2012/06/20/el-gobierno-prepara-la-privatizacion-y-subcontrata-de-servicios-no-esenciales--100389/
Preme no enlace para ver a noticia
http://www.elconfidencial.com/espana/2012/06/20/el-gobierno-prepara-la-privatizacion-y-subcontrata-de-servicios-no-esenciales--100389/
13 jun 2012
AXUDAS ACCIÓN SOCIAL 2012
Aceptadas a maioría das
Alegacións presentadas pola CIG do Borrador proposto pola empresa,
na que quería reducir as Axudas a unhas esmolas.
Incorporáronse os seguintes
trocos co respecto do Borrador de Correos:
Incorpóranse como beneficiarios, o
persoal eventual con dous anos de antigüidade nos últimos seis anos.
Elévanse a 25.000 € os ingresos máximos
dos peticionarios dos anticipos sen xuro.
Elévanse a 20.000 € os ingresos máximos
para acceder ás Axudas ao Estudo.
OLLO nas
Convocatorias aparece a coletilla, que no caso de non poder atender a
totalidade das peticións, poderían denegarse por criterios discriminatorios. E
dicir aínda cumprindo cos requisitos esixidos pola empresa nas Bases das
Convocatorias podente deixar se axuda.
AXUDAS
|
PRAZO
INSTANCIAS
|
PREVISIÓN
DO PAGO
|
Estudo para fillos (libros e
material escolar)
|
Dende o 12 de xuño ata ó 31 de
outubro
|
Nómina decembro
|
Estudos Universitarios (persoal
laboral)
|
Dende o 12 de xuño ata ó 31 de
outubro
|
Nómina decembro
|
Tratamento da Saúde
|
Dende o 12 de xuño ata ó 1 de
outubro
|
Nómina novembro
|
Fillos con Discapacidade
|
Dende o 12 de xuño ata ó 15 de
setembro
|
Nómina outubro
|
Educación Infantil
|
Dende o 12 de xuño ata ó 15 de
setembro
|
Nómina outubro
|
Anticipos sen Xuro
|
Dende o 12 de xuño ata ó 20 de
xullo
|
Segundo Dispoñibilidade
|
Falecemento
|
Dende o 12 de xuño ata ó 15 de
xaneiro do 2013
|
Cando se produza o feito
|
Para descargar os impresos de solicitude prema no enlace
12 jun 2012
¿DESAPARICIÓN DAS USES?
Ante a preocupación dos
compañeiros das USES de Lugo, polo rumor que nestes últimos días cobraba maior
forza sobre a inminente desaparición para o mes de xullo das unidades de
urxentes, este sindicato como non podía ser doutra forma púxose en contacto
directamente co xefe das USES da Zona Primeira o cal nos informou que o único
que haberá, será o peche das unidades de urxentes en período vacacional polas
tardes ao igual que o ano pasado. O peche será dende o 15 de xullo ata o 15 de
setembro, no que os compañeiros da quenda de tarde pasarán á quenda de mañá.
Este sindicato estará moi atento
ante calquera intento de eliminar as unidades de urxentes por parte da empresa,
tal como se vén escoitando polo medio
destes rumores que se lanzan coa intención de ver as reaccións dos
traballadores.
11 jun 2012
RESCATE Á BANCA
Como non imos necesitar 100 mil millóns de euros, coas indemnizacións e soldos que cobraron os de Bankia, Caixa Galicia, CAM, etc, etc............ porque non se lles fai devolver ese diñeiro.
Sabías que unha vez saneados estes bancos volverán a
mans privadas. Canta verdade é: ¡que non hai pan para tanto chourizo!
CCOO PRESENTA UN ERE
CCOOO recortará soldo e xornada aos seus traballadores.
preme no enlace para ver a noticia
http://www.larioja.com/20120606/local/region/ccoo-regulacion-empleo-201206061300.html
REESTRUCTURACIÓN NA U.R. DE NAVARRA
Continúan os recortes de postos de traballo en Correos.
Suprimen 20 postos de reparto, 15 de reparto a pé e 5 de reparto en moto.preme no enlace para ver a noticia.
http://www.noticiasdenavarra.com/2012/06/08/economia/la-reestructuracion-de-correos-en-navarra-eliminara-75-plazas-en-2012
A FOLGA EN VIGO CONTINÚA
Recruarase a folga de Correos en Vigo, o día 22 terán un paro completo.
Xa hai
150 mil envíos acumulados e Correos de momento non amosa ningún interese por solucionar o
problema, pero si que trata de reprimir e amedrentar ós/ás traballadores/ás en folga.
A empresa esta a ponse nerviosa, e está comenzando a tomar medidas
represivas e intimidatorias contra os traballadores que secundan a Folga
convocada na UR-1 de Vigo.
O día 6 de Xuño os carteiros foron revisados un tras otro un antes de saír
a reparto, para comprobar o que levaban. Esta operación repetíase á volta do
reparto para ver o que traian de volta.
Nos cremos que iso e unha medida represiva e tamén dubidamos sobre se se
esta a levar a cabo cos traballadores que non secundan a folga.
O día 7 de Xuño a cousa foi a maiores, xa que se obligou a tres compañeiros
a entrar no despacho do Xefe de Distribución en presencia do Xefe de Relaccions
Laborais e do Xefe de Explotación Postal y Telegráfica. Todo isto sen permitir
a entrada os represantantes dos traballadores elexidos legalmente.
8 jun 2012
XA ESTAMOS OFICIALMENTE NA SEPI
Onte fíxose oficial o traspaso de Correos á S.E.P.I.
A CIG seguirá loitando por un Correo Público Galego e de Calidade.
para ver a noticia prema no enlace
NOVOS RECORTES AOS FUNCIONARIOS
Máis recorte para os
funcionarios
O Goberno prepara un novo paquete de medidas entre
elas a de eliminar os días de Asuntos Propios etc,etc, etc........
Cando
pretenden eles recortarse os seus privilexios de Políticos ou mellor dito politiquillos, recordámoslle a
este Goberno que os funcionarios nos 10 anos últimos tivemos unha mingua no noso poder adquisitivo do 20,3% que seguimos a aumentar non
actual 2012, xa que de
xaneiro a abril temos acumulado
un 2,2%.
Agora
que teñen que dicir os sindicatos que din que aquí non pasa nada ¡QUE VERGOÑA!
AGRADECEMENTOS
Este Blog foi
creado coa intención de manter informado a todos os compañeiros de Correos e
especialmente a os afiliados da CIG - Correos de Lugo, coas noticias directamente relacionadas á nosa provincia e con todas
aquelas outras que creamos poidan ser do teu interese vinculadas á empresa a
nivel Estatal.
Dende fai tempo
eramos coñecedores da necesidade de adaptarnos ao igual que a nosa empresa ás
novas tecnoloxías e así podervos ofrecer un acceso máis á información, unha
tarefa que non foi nada doada de realizar e que non tería sido
posible sen a axuda inestimable do noso compañeiro Román da comarca da A Coruña.
Este Blog non
pretende ser máis que outra vía de información complementaria coa
particularidade de intentar ser participativa, polo tanto esperamos a túa
achega coas noticias relacionadas coa túa oficina ou cos temas que creas que
sexan de interese xeral e deban ser coñecidos por todos os compañeiros.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)